Sen clasificarArquivo para a categoría ''
Falando de nova vida…
E precisamente de nova vida teño que falar hoxe. Despois de tres anos calcetando, aproxÃmase a conclusión deste camiño que foi moi bo acompañado, con momentos de dar gana de chantar as agullas e outros, a maiorÃa, de facer puntos por un lado e polo outro. A todas as persoas que acompañastes esta viaxe, agradecementos. Dado que o bo dos libros é que non caduca (a calceta tampouco) e por cuestións da limitación humana do tempo, a calceta remata, mais comeza unha nova aventura na que espero contar convosco. Vémonos na nova travesÃa.
3 comentariosUnha nova vida
![]()
http://www.youtube.com/watch?v=VyZiUIYAjk4
Onte foi a estrea da versión cinematográfica do Club e se ben é unha nova vida moi diferente á iniciada no meu texto, non deixa de ser unha vida estimulante, coa súa intriga, o seu humor, o seu drama e unhas boas cargas de profundidade. As actrices están estupendas e resulta un pracer tecer unha nova vida con elas. Parabéns polo seu traballo, a todo o equipo e por suposto a Antón Dobao, o pai da criatura.
Sen comentariosO San Clemente
Moitas das cousas que pasaron o dÃa de entrega do premio San Clemente foron prescindibles. De feito no meu interior só unha permanece, a ledicia inmensa dese tempo, espazo e palabras coas mozas e mozos que premiarono Club. Elas e eles fixeron que todo o demais pasase a un segundo plano e que o facho da esperanza siga aceso na proximidade da súa enerxÃa. Combinamos as agullas e seguimos calcetando pretiño do corazón.
o club, en pantalla
http://www.youtube.com/watch?v=VyZiUIYAjk4
Despois de pasar polo teatro, as mulleres do club toman corpo na pantalla.
Sen comentariosausente por calceta
Â
unha anotación reclámame. lóxico, levo desaparecida meses e meses. un par, de retiro, outro, de correr entre paÃses, continentes, traballos e demais. resumindo, calcetando. houbo novas, momentos, fÃos e chaquetas, tentarei ir dando conta. o tempo dáme para tan pouco que só son capaz de deixar de mostra o que as miñas mans foron argallando. mais aquà seguimos, e grazas por estardes!
O espazo público
Detrás das portas quedan todas esas cousas que cómpre que saian á luz. Se cadra o meu desexo de aninovo, sacar as agullas á rúa (ou ao tren, tanto ten) e con elas todo que hai de fermoso e de valor nos nosos recunchos privados para facer, finalmente, o mundo habitable e rematar co dominio do capital e da violencia.
E se unha está en boa compaña, mellor que mellor.
Home(s?) que calceta(n)
Ante a pregunta recorrente debo contestar: si, hai homes que saben calcetar. Hai homes dunha certa idade que aprenderon das súas mais e avoas cando as súas irmás. Igual que hai homes que saben facer a cama, cociñar. Mais a cuestión xa non é saber, senón CALCETAR, interesarse pola la, polo noso, deixarse levar por ese espazo que crean as agullas. Creo que Anxos sabe bastante deses homes que “axudan” pero que non se fan responsables, ou polo menos diso querÃa tamén falar nesa parte do Club, entre outras cousas. Porque compartir non é “complementar”, como nos din esas irritantes teorÃas da media laranxa (ah, é que nos falta algo?), senón interesarse pola outra persoa ata o punto en que o seu é noso e viceversa. Compartir é aprender da outra persoa pero sen ser dependente dela. Por iso eu agardo a que Henric me faga un xersei cando domine a técnica base… E para todo iso, abofé, non fai falta ser parella nin familia. Só fai falta ser sensible.
Sen comentariosBos recordos de Valencia
Aproveito para engadir unha das marabillosas fotos que MarÃa Xesús Fariña Busto fixo para a portada do club da calceta no seu dÃa e que integran un magnÃfico glosario de las e agullas.
Con ela chegan os ecos da breve visita a Valencia na que sobrevivÃn a 11 interesantes entrevistas ás que agradecÃn en todo momento o detalle, a intelixencia e o interese. Velaquà o resultado dunha delas e o meu agradecemento a Yolanda: http://lacomunidad.elpais.com/barambioes/2008/11/23/maria-reimondez-nos-ensena-valor-reivindicativo-la-calceta
2 comentariosRevivencias

Hai xa un par de semanas, pero Sevilla volve no recordo como unha greca que se repite dentro de si mesma. A xuntanza que se celebrou ao redor do libro grazas a Rosa, da librerÃa Yerma e MarÃa del Mar, resultou ser para min un revivir daquela primeira presentación en Vigo, coa miña amiga da alma Belén MartÃn e Mª Xesús Fariña, as tres calcetando, e Manolo Bragado, o meu benquerido editor. Aquel momento divertido, emocionante e incerto da presentación do Club en galego que me envolveu grazas ás palabras cálidas das mulleres que levo preto do corazón reviviu en Sevilla, rodeada de las e de mulleres que tiñan gana de falar, curiosidade por ollar o mundo e valor para xuntas cambiar as cousas. O fogar, está claro, pode estar en calquera sitio onde nos sintamos acollidas, onde se nos entenda coas nosas rarezas, onde se valore o traballo que entre todas facemos. Abraioume o entusiasmo tan sólido co Club porque as miñas sevillanas tamén viviron, coma min, a forza da solidariedade que nos fai fortes e que tanto necesitamos para sobrepoñernos a todo o resto. Sen dúbida, volverei por Sevilla, onde sinto xa ben estreitos ao redor do corazón os fÃos que fan que moitos esforzos paguen a pena, como un xersei cálido que nos abraza no frÃo de tantos invernos.





