dec 7
Sete mulleres de carne e bambolina
A xira galega remata. E non podÃa evitar recorrer de novo a elas como a miña terapia. No teatro que a voz máis fermosa (para min) da música galega actual di ser o máis bonito de Galicia alá fun por quinta vez velas. O teatro é unha catarse, sen dúbida, e cando unha está dentro e fóra ao mesmo tempo, como é o meu caso, unha catarse cósmica. Porque me sinto parte cando oio nas súas voces cheas de matices o meu texto (grazas a Celso Parada, claro está), cando vexo como o público ri ou fica en tensión coas palabras que saen dos seus beizos. Mais ao tempo fico fóra, abraiada pola grandeza creativa, polo traballo teimudo e a capacidade de mutación destas sete mulleres marabillosas que fixeron do papel a carne e o óso. Houbo unha época dura, moi dura para min a primeiros de este ano, cando a obra se estreou en Galicia, que acudir á representación era unha terapia. Un sentirme acompañada en moitas cousas ao ver o teatro cheo, o público a aplaudir. Pensando entón que o que defendo non debe estar tan mal, que non debo estar tola por buscar un mundo onde non se me trate como tal, onde as mulleres poidamos ser e vivir plenamente. Elas déronme a vida naquel momento e danma cada vez que se fan Matilde (Susana Dans), Anxos (Laura Ponte), Rebeca (Maxo Barjas), Elvira (Elina Luances), Nanda (Luisa Merelas), Luz (Imma António) e unha espectacular e operÃstica tÃa Davinia (EstÃbaliz Espinosa). Baixo a batuta de Celso Parada, tantas grazas ás miñas sete mulleres de carne e bambolina.
Nessun commento
Lascia un commento