mai 21
Falando de nova vida…
E precisamente de nova vida teño que falar hoxe. Despois de tres anos calcetando, aproxÃmase a conclusión deste camiño que foi moi bo acompañado, con momentos de dar gana de chantar as agullas e outros, a maiorÃa, de facer puntos por un lado e polo outro. A todas as persoas que acompañastes esta viaxe, agradecementos. Dado que o bo dos libros é que non caduca (a calceta tampouco) e por cuestións da limitación humana do tempo, a calceta remata, mais comeza unha nova aventura na que espero contar convosco. Vémonos na nova travesÃa.
3 comentariosmai 21
Unha nova vida
![]()
http://www.youtube.com/watch?v=VyZiUIYAjk4
Onte foi a estrea da versión cinematográfica do Club e se ben é unha nova vida moi diferente á iniciada no meu texto, non deixa de ser unha vida estimulante, coa súa intriga, o seu humor, o seu drama e unhas boas cargas de profundidade. As actrices están estupendas e resulta un pracer tecer unha nova vida con elas. Parabéns polo seu traballo, a todo o equipo e por suposto a Antón Dobao, o pai da criatura.
Sen comentariosabr 26
O San Clemente
Moitas das cousas que pasaron o dÃa de entrega do premio San Clemente foron prescindibles. De feito no meu interior só unha permanece, a ledicia inmensa dese tempo, espazo e palabras coas mozas e mozos que premiarono Club. Elas e eles fixeron que todo o demais pasase a un segundo plano e que o facho da esperanza siga aceso na proximidade da súa enerxÃa. Combinamos as agullas e seguimos calcetando pretiño do corazón.
abr 26
o club, en pantalla
http://www.youtube.com/watch?v=VyZiUIYAjk4
Despois de pasar polo teatro, as mulleres do club toman corpo na pantalla.
Sen comentariosmar 31
ausente por calceta
Â
unha anotación reclámame. lóxico, levo desaparecida meses e meses. un par, de retiro, outro, de correr entre paÃses, continentes, traballos e demais. resumindo, calcetando. houbo novas, momentos, fÃos e chaquetas, tentarei ir dando conta. o tempo dáme para tan pouco que só son capaz de deixar de mostra o que as miñas mans foron argallando. mais aquà seguimos, e grazas por estardes!
xan 1
O espazo público
Detrás das portas quedan todas esas cousas que cómpre que saian á luz. Se cadra o meu desexo de aninovo, sacar as agullas á rúa (ou ao tren, tanto ten) e con elas todo que hai de fermoso e de valor nos nosos recunchos privados para facer, finalmente, o mundo habitable e rematar co dominio do capital e da violencia.
E se unha está en boa compaña, mellor que mellor.
xan 1
Home(s?) que calceta(n)
Ante a pregunta recorrente debo contestar: si, hai homes que saben calcetar. Hai homes dunha certa idade que aprenderon das súas mais e avoas cando as súas irmás. Igual que hai homes que saben facer a cama, cociñar. Mais a cuestión xa non é saber, senón CALCETAR, interesarse pola la, polo noso, deixarse levar por ese espazo que crean as agullas. Creo que Anxos sabe bastante deses homes que “axudan” pero que non se fan responsables, ou polo menos diso querÃa tamén falar nesa parte do Club, entre outras cousas. Porque compartir non é “complementar”, como nos din esas irritantes teorÃas da media laranxa (ah, é que nos falta algo?), senón interesarse pola outra persoa ata o punto en que o seu é noso e viceversa. Compartir é aprender da outra persoa pero sen ser dependente dela. Por iso eu agardo a que Henric me faga un xersei cando domine a técnica base… E para todo iso, abofé, non fai falta ser parella nin familia. Só fai falta ser sensible.
Sen comentariosdec 10
Personaxes (as, os)
Seguramente a todas as escritoras que adoito utilizamos personaxes femininas nos preguntaron pola relevancia deste feito. Para min é esta unha das formas máis de discriminación á que se nos somete, pois aÃnda me queda por ver que a Manolo Rivas ou Suso de Toro lles pregunten polos protagonistas -homes- dos seus libros neses termos. O mundo visto polos homes segue sendo “O Mundo”, o das mulleres semella quedar no espazo das “outras”. É por isto se cadra que algunhas veces falando do Club o tema derive en falar dos personaxes masculinos do libro que parece ser que saen relativamente mal parados. Sempre comento que non era a miña intención representalos dunha maneira especÃfica conscientemente, as súas historias son relativas ás das protagonistas. Parece que os homes na literatura non teñen costume de verse dende outro ángulo que non sexa o seu propio, que tende a deixalos quedar ben parados, con todos os seus defectos pero ben parados. Mesmo houbo algún lector que se sentiu molesto cos personaxes masculinos do Club, algún deles con certa agresividade, por certo. En calquera caso eu valoro estas reaccións como algo positivo porque denota que non están a gusto nesa pel social que se lles pon e contra a que é a súa responsabilidade loitar. É dicir, non lles gusta verse como nosoutras os podemos ver a cotÃo. Sexa como for, estamos sempre no sempiterno ollo de mira da crÃtica por “o mal que tratamos aos homes” nas novelas. Mais cando un autor presenta as mulleres xa non só como secundarias senón como feas, parvas e obviamente dependentes dos protagonistas, a ninguén lle chama a atención. Isto co agravante de que non é só un, senón a historia literaria patriarcal (ou sexa, A Historia Literaria que aprendemos dende o colexio ata as revistas de libros) ao completo. Por iso escribir outros e outras personaxes é tan importante, porque é a única forma de tecer unha tea sen desigualdade.
2 comentariosdec 7
Bos recordos de Valencia
Aproveito para engadir unha das marabillosas fotos que MarÃa Xesús Fariña Busto fixo para a portada do club da calceta no seu dÃa e que integran un magnÃfico glosario de las e agullas.
Con ela chegan os ecos da breve visita a Valencia na que sobrevivÃn a 11 interesantes entrevistas ás que agradecÃn en todo momento o detalle, a intelixencia e o interese. Velaquà o resultado dunha delas e o meu agradecemento a Yolanda: http://lacomunidad.elpais.com/barambioes/2008/11/23/maria-reimondez-nos-ensena-valor-reivindicativo-la-calceta
2 comentariosdec 7
Sete mulleres de carne e bambolina
A xira galega remata. E non podÃa evitar recorrer de novo a elas como a miña terapia. No teatro que a voz máis fermosa (para min) da música galega actual di ser o máis bonito de Galicia alá fun por quinta vez velas. O teatro é unha catarse, sen dúbida, e cando unha está dentro e fóra ao mesmo tempo, como é o meu caso, unha catarse cósmica. Porque me sinto parte cando oio nas súas voces cheas de matices o meu texto (grazas a Celso Parada, claro está), cando vexo como o público ri ou fica en tensión coas palabras que saen dos seus beizos. Mais ao tempo fico fóra, abraiada pola grandeza creativa, polo traballo teimudo e a capacidade de mutación destas sete mulleres marabillosas que fixeron do papel a carne e o óso. Houbo unha época dura, moi dura para min a primeiros de este ano, cando a obra se estreou en Galicia, que acudir á representación era unha terapia. Un sentirme acompañada en moitas cousas ao ver o teatro cheo, o público a aplaudir. Pensando entón que o que defendo non debe estar tan mal, que non debo estar tola por buscar un mundo onde non se me trate como tal, onde as mulleres poidamos ser e vivir plenamente. Elas déronme a vida naquel momento e danma cada vez que se fan Matilde (Susana Dans), Anxos (Laura Ponte), Rebeca (Maxo Barjas), Elvira (Elina Luances), Nanda (Luisa Merelas), Luz (Imma António) e unha espectacular e operÃstica tÃa Davinia (EstÃbaliz Espinosa). Baixo a batuta de Celso Parada, tantas grazas ás miñas sete mulleres de carne e bambolina.






